Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cualedro
Parroquia: Lucenza (Santa María)
Lugar: Lucenza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Na ladeira oriental do monte Larouco sobresae este outeiro granítico, que aínda que conserva certos restos en superficie, a depredación de material de construcción para a aldea cercana privouno da súa esencia. En todo caso, pódense albiscar todos os trazos de muralla que o rodeaban a partir dos terrapléns, estes moi claros, que acompañaban os muros. Eses terrapléns son ata tres sucesivos, con dous foxos entre eles, no lado norte.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dicíase que a Cidá da Saceda, este castro e a mámoa de Madorriño estaban aliñados, e que se comunicaban facilmente dando golpes en certos penedos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Galicia Meridional Romana. Antonio Rodríguez Colmenero


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9455826614
Lonxitude: -7.63136744499
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84