Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Laza
Parroquia: Alberguería, A (Santa María)
Lugar: Alberguería, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa do século XVII dunha soa nave rectangular co altar máis baixo que a nave, con cuberta a dúas augas, tres no altar, sobre muros de sillería regular ben escuadrada. A fachada ten unha porta alintelada refeita no século XVIII con molduras non acodadas, e unha espadana de tipo popular de dous corpos, o primeiro con dous ocos, e o segundo máis estreito con un só van e rematada nunha cruz latina de pedra. Ten unha porta lateral con arco de medio punto e grandes doelas. Ten, asimesmo, unha sancristía máis moderna, do 1754, grande e con sillares ben escadrados. Na cabeceira ten dúas labras dos Ulloa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1213123715
Lonxitude: -7.55327492952
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84