Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: Leborei
Outra denominación do ben: Muíño do Cura
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Chamado Muíño do Cura por ser propiedade da Reitoral de Cerponzóns e de feito atópase nun extremo dunha leira propiedade da Reitoral. Era un muíño de maquía onde acudían os veciños do lugar. Atópase na beira esquerda do río da Gándara.

O muíño recolle a auga río arriba, desafortunadamente gran parte da canle de abastecemento perdeuse. No derradeiro tramo da canle pódese ver que está feita en grandes perpiaños de granito de forma irregular e que desemboca nunha canle cuberta que se eleva sobre o chairo máis de dous metros por encima da cuberta do muíño. A canle cuberta cae inclinada cada a base do muíño que se atopa a uns cinco metros do río. Os muros do muíño son de cachotería e presenta as paredes costais orientadas cada ao río. Amosa unha porta de acceso pola costal oposto a ribeira e dous vanos, un pola parede testeira que mira ao camiño e outro polo costal que mira a ribeira onde tamén se atopa o burato do inferno. No seu día tiña unha cuberta a unha auga en carpintería de madeira.

Hoxe atópase parcialmente derrubado e cheo de escombros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Parcialmente derrubado. Non conserva a cuberta nin a canle de abastecemento.


Onde está localizado

Latitude: 42.4747760203
Lonxitude: -8.65012675524
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84