
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán)
Lugar: Sequeirós
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo pechado que forma parte do muro dunha casa hoxe deshabitada.
Posúe unha fornela rectangular, con enreixado de ferro, que remata nun arco. No seu interior podemos ver un retablo en madeira no que podemos ver a San Pedro coas chaves na man e a cinco almiñas máis entre as lapas. Dúas desas almiñas levan unha mitra e un bonete.
No marco da fornela aparece un epígrafe pouco lexible no que aparece o nome de “JOSE GONZALEZ” e o ano de “1889”.
Por debaixo aparece o caixón das esmolas.
O peto de Sequeirós atópase nun antigo camiño, hoxe en desuso.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1140215567Lonxitude: -8.38577628136
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84