Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oímbra
Parroquia: San Cibrao (Santa Cruz)
Lugar: San Cibrao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro consérvase bastante ben, sobre todo no alto, onde está a entrada principal, flanqueada por dous torreóns con cimentos moi ben conservados. As murallas pódense rastrexar en todo o perímetro e nos diferentes recintos, feita con sillares pequenos moi ben escadrados. No máis alto hai o que os veciños chaman “o lagar do mouro”, e seica tiña un lagarto gravado nun lateral que estropeou unha máquina que facía as pistas. Para defender a entrada, ademais, consérvanse moi ben dúas liñas de foxos moi profundas.
Este outeiro foi marco de fronteira e durante moito tempo base de maquis e máis tarde de contrabandistas, que aínda aproveitaron un par de casiñas para ir escondendo o estraperlo. Era ademais o último lugar por onde ían case todos os fuxidos da dictadura antes de pasar a Portugal, e polo tanto un lugar moi emotivo para a xente do lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A toponimia deste castro é moi curiosa, conservando un nome xermánico. Habería que lembrar que nesta zona, a chegada dos xermánicos foi moi traumática e deso gardan fe as lendas. Unha delas conta como o rei do castro, o rei Vamba dos mouros, foi expulsado polos romanos, pero antes de saír fuxindo co seu cabalo negro, chamado “Cabalo de Fiaña” e de cara o castro, berrou ben forte para que os romanos o escoitasen:
“Vamba, revamba, castelo moreno, cando diñeiro me quedades debendo…”. Así pois, crese que no castro, onde a entrada, que hai unha inscrición de tres letras nun penedo (aínda non descifrada), está escondido o tesouro do rei. Claro que se se intenta coller o tesouro se non se merece, no canto de riquezas haberá unha gran peste que asolaría o lugar. E ninguén se atreveu nunca a buscalo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8647430361
Lonxitude: -7.47272014618
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84