Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oímbra
Parroquia: As Chás (San Xoán)
Lugar: As Chás
Outra denominación do ben: A Cidade das Laxas das Chás / Castelo de Lobarzá
Cronoloxía: Calcolítico, Idade do Ferro, Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:

Posiblemente o lugar de ocupación humana máis estendido no tempo, dende o calcolítico ata a baixa idade media, de toda a comarca do Támega. Dentro do propio castro e en menos de tres hectáreas hai, como mínimo 78 petróglifos, un aliñamento de megalitos, unha cova con cerámica calcolítica, restos castrexos como a muralla do flanco leste, de case trescentos metros ben conservados; tumbas paleocristiás e os restos dun castelo que aínda estaba en pé no século XV. Ten dúas entradas, no sur e no leste, con dous torreóns en cada unha. No norte hai unha fraga cortada artificialmente ao longo duns corenta metros para seguir co trazado do muro por esa parte. No interior ten varios compartimentos, o máis baixo o do noroeste, que une o castelo coa Ceadá; o sur, onde se concentran a maioría das vivendas, das que se conservan moi ben as entradas; e a croa, onde se atopan as tumbas altomedievais e posiblemente os restos dun vello templo. Sen dúbida, o castro máis interesante da comarca.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32053009
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Ten moitas lendas asociadas que se repiten noutros castros da comarca. A máis senlleira ou propia de aquí e que os mouros que vivían nas Laxes das Chás (que é o nome orixinal que lle dan os máis vellos ao castro) tiñan un túnel que os comunicaba cos de Medeiros cando lles querían roubar cabalos ou secuestrar mozas… Restos, cecais, de vellas rivalidades entre civitates?


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/OIMBRA/documents/28007ca003.PDF (pax 19 do pdf)
http://www.patrimonio.oimbra.es/es/castillo-lobarzana.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9166010833
Lonxitude: -7.49342679978
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84