Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial de San Xurxo de Sacos con planta en cruz e muros de perpiaños de granito con teitume a dúas augas en carpintería de madeira e tella do país.

A fachada é sinxela con escasa decoración, na beiras piastras rematadas en pináculos e no centro a porta de entrada alintelada e enmarcada. A fronte é lisa de non ser por unha fiestra rectangular e enreixada. No centro unha placa conmemorativa que reza:

RELOJ DONADO AL
SANTO SAN JORGE POR LOS ESPOSOS
D DANIEL MARTINEZ
Y Dª MANUELA FENTANES QUIVÉN
SIENDO CURA PARROCO D. GERARDO LIS
SAN JORGE DE SACOS 1931

O remate da fachada realízase cun frontón curvo partida pola base da torre onde se atopamos as campás e o reloxo con esfera de cerámica.

Pola beira sur atopamos dúas portas, unha de acceso á torre do campanario e outra para acceder ao interior da igrexa.

Na sacristía atopamos dúas inscripcións: “1823” e “1689”

O Adro da igrexa está rodeado por un muro baixo que na parte oeste esta aberto para dar acceso ao antigo cemiterio. Na beira norte hai unha pequena caseta feita de cantería de granito que facía as funcións de baños públicos. No muro do adro podemos ver os baseamentos de tres cruceiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: 306120900002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior na cabeceira, temos un retablo neoclásico policromado con dous niveis, tres ocos no inferior coas imaxes da Inmaculada, San Miguel e o Sagrado Corazón, e un Cristo crucificado no nivel superior. Na capela na nave norte temos un bastidor cun pequeno retablo no centro cunha imaxe vestida da Virxe. Na nave sur, un cristo crucificado; e no lateral un retablo de época moderna con varias imaxes de santos.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“N.S.P. 25/02/1997. Patrimonio Arquitectónico”. Concello de Cotobade, 3-3-1997. P. 127. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5102022207
Lonxitude: -8.51692020893
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84