Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Camariñas
Parroquia: Ponte do Porto, A (San Pedro)
Lugar: Lexas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:

A Mámoa da Cruz da Carballa sitúase a escasos metros da estrada entre os lugares da Ponte do Porto e Lexas, á dereita, dirección Camariñas. A súa conservación é mala debido á forte vexetación e a multitude de piñeiros que crecen no enclave. Hoxe en día non é doado velo con claridade polo comentado antes, pero a groso modo parece un túmulo de seis a oito metros de diámetro con forma ovalada e de apenas un metro de alto. É moi difícil precisalas súas medidas e tampouco agora se pode ollar se esta mámoa foi violada ou non. Haberá que esperar a que algún día haxa unha boa limpeza para definila mellor.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15016003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009

-http://www.camarinas.net/pxom/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_IV/M_Catalogo.pdf (p. 130)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Debido a multitude de piñeiros e incluso algún eucalipto fai que o perigo nestes momentos sexa moi alto.


Onde está localizado

Latitude: 43.1407962784869
Lonxitude: -9.105820655822754
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84