Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Laza
Parroquia: Matamá (Santa María)
Lugar: Matamá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:

Castro situado mesmo a carón da Vía romana do Támega, como a dous centos metros da aldea de Matamá. Está situado nunha ladeira que lle chaman monte de Bitón. Na parte alta e máis estreita distínguense tanto un pequeno foxo como un terraplén, moito máis claro este na parte baixa, máis cerca do camiño. Hai tégula en superficie.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Non demasiado lonxe de alí, no lugar chamado O Marco de Ouro, un avó e o seu neto atoparon unha ola, e dentro dela un montón de moedas de ouro. Seica as sacaron e puxéronas a secar ao sol, pero parece ser que viñeron, pola noticia, moitos ladróns que rondaban pola comarca para facerse con elas, e o avó escondeunas, pero nunca máis se soubo delas.
Tamén se conta que o Castelo de Bitón vixiaba toda esta parte do val, e que dende o alto da torre que había divisábase Monterrei.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0322571232
Lonxitude: -7.43627429008
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84