Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: San Mauro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro carente de protección que sufriu múltiples agresións polo que só se conserva o baseamento e parte do varal. Situado no adro da Igrexa de San Mauro, que se está a empregar como aparcamento para coches. Xa no ano 1973 téñense noticias de que o cruceiro foi derrubado por tres veces por camións.
O cruceiro está desprazado da súa plataforma. Na imaxe pódese ver detrás do baseamento. A plataforma, formada por varios perpiaños, está case soterrada polo asfaltado do adro da igrexa de Santo Amaro.
O baseamento é un paralelepípedo rematado nunha plataforma circular para o baseamento. Ten un retablo de ánimas, pero sen imaxes polo anverso. O varal e cilíndrico e de diferente época.
Carlos Valle, deixounos unha descrición do capitelo e mesmo da cruz das que hoxe non teño novas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
De acordo con Carlos Valle, o cruceiro estaba situado orixinalmente no adro da igrexa. Foi trasladado en torno ao ano 1973 a súa actual lugar cando o cruceiro foi derrubado por tres veces por un camión.
Valle, cóntanos que era costume levar aos meniños que tardaban en aprender a andar para realizar un ritual.
Tamén nos conta que era costume que os veciños acudiran a rezar a el e poñer un farolillo por varios días para pedir por un familiar que caera enfermo. Sei ca había xente que tamén colocaba unha vela tan so por devoción ao cruceiro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Valle Pérez, José Carlos “Los Cruceros en la parroquia de Mourente (Pontevedra). Revista Gallaecia, nº2. La Coruña, 1977. Páx 212-214.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Non se ten novas do varal, do capitel e da cruz. O baseamento está desprazado da plataforma para facilitar o tránsito dos vehículos polo adro da igrexa. O baseamento ten perdidas de volumen.
Onde está localizado
Latitude: 42.4275008334Lonxitude: -8.626165241
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Manuel Vázquez Otero says:
Feb 16, 2017
Fotografía do Cruceiro.
Data aproximada entre 1917 e 1930.
Fotografía arquivo José María Solla.
Oscar Franco says:
Nov 27, 2024
Seguen as malas novas para este cruceiro. A prensa dixital do 24 de novembro de 2024 así o recolle:
https://www.pontevedraviva.com/gl/vento-acaba-por-tirar-cruceiro-san-amaro_10000_113/4579837.html
Engado tamén a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/360380901.html