Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: Ribadavila
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta capela, de gran devoción entre os mariñeiros, foi edificada no século XVI. Construída en cachotería irregular, presenta planta rectangular cun pórtico pétreo na entrada. Teitume a dúas augas agás no pórtico que é a tres.
O conxunto remata nunha espadana dun so oco, con pináculos nos extremos e cruz pétrea de remate.

No interior a bóveda é de tixolo, e destaca pola tribuna de madeira a modo de coro. Ten un pequeno retablo coa imaxe da Virxe da Guía.

A praza da Guía, onde está situada a capela, foi lugar tradicional de tránsito de mercadores e comerciantes que se dirixían cara Baiona. No día da festa ten lugar unha poxa popular de produtos do mar e da terra ofrecidos á Virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Había varias tradicións na festividade relixiosa-profana da virxe da Guía. Unha era a tirada do globo de papel pegados con engrudo (fariña de trigo ou cebada mesturados con auga), logo cortaban tiras cadradas e iguais de papel de seda, un aro de madeira e dous arames cruzados onde no centro colocaban unha estopa de algodón ben atada con arames máis finos que ía empapada de gasóleo. Dous membros da comisión de festas (enriba do soportal da porta de entrada a casa dos Tafonas) prendían lume na estopa é unha vez o globo tiña bastante calor o soltaban e comezaba a subir. Esta tradición rematou en 1948/49, primeiro porque algunhas veces o globo prendía lume no monte e segundo porque non había quen seguiran ca tradición.

Outra das grandes tradicións da Guía foi durante moitos anos a construción do arco de loureiro na entrada a Praza da Guía, tradición que se perdeu arredor de 1960/62. Os artífices eran os mestres carpinteiros do barrio (Jaime Baz, Benito Guisantes, Gumersindo Álvarez e outros), axudados polos mozos que se encargaban de traer o loureiro da zoa de Centeares e montar o arco.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AGUARDA/documents/0799CA006.PDF (Páxina 2)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AGUARDA/documents/0799NO008.PDF#page=1&zoom=auto,-43,848
http://www.galiciasuroeste.info/varios/aguia.htm
http://paxinasdaguarda.blogspot.com.es/2013/03/capela-da-guia.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9053565024
Lonxitude: -8.87665271759
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84