Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Xeve (Santo André)
Lugar: O Couso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de plataforma de tres chanzos cunha ou dúas coviñas en algún chanzo. Amosa golpes nas esquinas polo tránsito de vehículos e camións.
O baseamento é cúbico coas arestas rebaixadas e unha serie de coviñas na parte superior. Amosa un epígrafe no anverso enmarcado nunha elipse en baixo relevo. O epígrafe e moi superficial e difícil lectura polo que so puidemos interpretar o seguinte:

M:JOSEPHZ
RE??HIZO
O———-
ANO 1730

O varal e oitavado non sendo na base que é de planta cadrada. Na mesma base e mirando a esquerda hai un retablo rectangular con perdida parcial de volume, no que vemos algúns dos instrumentos da paixón de Cristo: unha escaleira, unhas tenaces, un martelo e un látego. Na altura media, podemos ver un pequeno furado, hoxe tapado con cemento, que posiblemente correspondería cun mastro para suxeitar un farol.
O conxunto estaba en moi mal estado ata que foi restaurado polos mesmo veciños no verán de 2013. A pedras da plataforma estaban soltas polo que foron tomadas. Seica o varal estaba perdido, segundo os veciños, dende antes da guerra civil pero atopouse soterrado nunha veiga próxima e retornado ao seu lugar. E canto a cruz orixinal nin os avós dos máis vellos a lembran. A cruz actual está feita por un canteiro da zona e posta na restauración pola veciñanza.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4562311826
Lonxitude: -8.60348314047
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84