Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Mondoi (Santa Cruz)
Lugar: Mondoi
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa de Santa Cruz de Mondoi é un templo de orixe románica dunha soa nave, cuberta con teitume de madeira a dobre vertente. Desta primeira arquitectura só se conservan varios elementos, como a ábsida rectangular cos principais elementos decorativos deste estilo como os canzoriños e unha pequena xanela coas arquivoltas, arcos e columnas. Sobre o testeiro da ábsida aparece a figura do carneiro recostado sobre unha cruz moderna e no testeiro da nave unha cabeza de boi, posiblemente o boi de San Lucas, sostendo unha cruz románica, caracterizada por estar inscrita nun círculo. Todo o conxunto está construído en granito de boa calidade dándolle unha certa homoxeneidade. Como case tódo-los templos románicos, sufriron moitas modificacións estructurais, nesta, unha delas foi a capela lateral apegada de estilo renacentista fundada cara ó ano 1700 por dous irmáns Cóengos de Compostela. A capela está adicada a Nosa Señora da O. Destaca desta capela, no muro exterior, un escudo no que se atopan as follas de figueira dos Figueroa, os Andrade entre outro máis.
No interior, a ábsida cóbrese cunha bóveda semicircular que descansa con intermedio dunha imposta, sobre o muro e dous arcos, o triunfal e outro secundario coa mesma directriz que á bóveda. Estes arcos apóianse á vez sobre columnas de fuste corto e capiteis de follas lanceoladas de animais en loita. A capela presídeo un retablo barroco que tapou a xanela do fondo da ábsida, polo que se abreu outra alintelada na parede sur.
Ó igual que na igrexa de Porzomillos, moi perto daquí, corre ós lados do presbiterio un asento de pedra, de antigo servizo. Nos muros laterais, que foron reconstruídos, no norte consérvase unha porta de medio punto de traza románica e dúas xanelas abocinadas.
No exterior, amósanos algúns elementos de interese. O primeiro é a xanela que se abre no testeiro da ábsida, rematada na súa parte superior por tres arquivoltas de medio punto. A menor é sostida por un par de columniñas acudilladas de fustes lisos colocadas sobre pequenos plintos e basas áticas moi deterioradas. Os capiteis están tamén bastante mal conservados, pero ollándose no esquerdo dúas aves enfrontadas que volven a cabeza cara atrás, representación frecuente nos capiteis das igrexas do último terzo do século XII. A rosca maior está adornada por nove arquiños de ferradura doblados que se superpoñen a un arco de medio punto. Nos laterais da capela atópanse cadanseus contrafortes, correspondentes o arco faixón do interior. Destacan tamén tres canzoriños por cada lado, sobre todo unha ó norte cunha cabeza masculina que se leva as mans á boca facendo un xesto de burla e outro cunha cabeza de carneiro; no sur son todos de proa e dobre rolo agás un que mostra unha cabeza de bóvido con grandes cornos e as patas dianteiras replegadas.
A súa fachada principal é de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular rematando o conxunto unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular flanqueado por dous pináculos con bola e rematado por outro pináculo semellante cunha cruz de forxa enriba.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Vol. XVI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2576315107
Lonxitude: -8.20696949959
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84