
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Brión
Parroquia: Bastavales (San Xulián)
Lugar: Soigrexa
Outra denominación do ben: Fonte do Carme
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A tamén chamada Fonte do Carme sitúase no adro da Igrexa de San Xulián, entre a Capela do Carme e a casa que fora antes unha escola. Consta dunha pilastra de 2 metros de alto con catro canos que verten a agua nunha pía escavada no chan. O remate de cada lado superior do prisma é redondeado. Onde conflúen estos arranca o pé dunha coroa principesca rematada en esfera. Desde a fonte, a agua, segue subterránea varios metros, caendo ao rematar o adro, por un cano de pedra na antiga pía bautismal, seguindo logo para a casa reitoral, facendo de canle un sartego de neno ou nena, e máis adiante de pía un de persoa maior. Os emigrantes en Cuba promoveron esta obra xunto co párroco, e así o recorda a súa inscrición: “Por el cura y 83 habaneros devotos de la virgen y amantes de la niñez. Se hizo en 1869”
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Brión, Historia Economía Cultura Arte Clodio Gonzalez Pérez
ISBN 84-89129-09-6 Ed. Toxosoutos
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA007.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.82411735977794Lonxitude: -8.670889735221863
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84