
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Parada (Santo Estevo)
Lugar: O Enxertado - As Capelas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Capela de planta rectangular e unha soa nave. A sancristía sitúase na cabeceira, o que contribúe ó caracter lonxitudinal do templo. Os muros son de carga e están construídos con cachotería e cantería, quedando esta á vista nos esquinais e o resto están recebados e caleados.
Exteriormente, a sancristía desenvólvese en dúas alturas. No corpo principal da nave a cuberta é a dúas augas e no corpo da sancristía é a catro augas tendo unha cruz de pedra no seu vértice. A cubrición é a base de tella curva do país. É unha arquitectura moi simple, onde a portada e as portas laterais son alinteladas.
A fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada como xa dixemos. Sobre o ingreso vai un óculo semicircular, e enriba deste, na base da espadana, ten unha fornela. Remata o conxunto unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares e serven para aloxa-la campá. O segundo un frontón triangular con oco e rematado por un pináculo moldurado cunha cruz de forxa enriba.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Vol. XVI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA004.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2074905885Lonxitude: -8.18104863167
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84