
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Parada (Santo Estevo)
Lugar: O Enxertado - As Capelas.
Outra denominación do ben: Capela da Natividade
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Esta capela é un templo de estructura arquitectónica moi sinxela que posúe planta rectangular dunha soa nave. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país. Os muros están construídos en cachotería e a cantería vai en esquinais e nos ocos da porta e xanelas. No muro lateral sur ábrese un pequeno van de luz rectangular semellante o da fachada. Nesta fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada e sobre o ingreso vai un oco rectangular de luz. Remata o conxunto unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares e serven para aloxa-la campá e no segundo, un frontón triangular con oco.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA003.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2068301Lonxitude: -8.1722566
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Coral says:
Abr 25, 2019
Boas tardes! estou fazendo un estudo recollendo o patrimonio histórico e artístico de Oza-Cesuras, e toda a información que tedes dispoñible estame resultando de gran axuda, xa que se trata dun concello que ten escasamente clasificado os seus bens patrimoniais.
Vos escribo para esclarecer unha dubida que me surxiu, xa que tiña entendido que as capelas que se atopan na zona de San Estevo de Parada tratábanse da capela do Carmen e da capela da Natividade, non da Trinidade.
De feito, o pasado domingo de Pascua o concello “reinaugurou” esta Capela incluindo unha imáxe de factura nova da vixe do Rocío e incrustando na fachada principal un forxado ca imaxe desta virxen. Segundo os cateis que promocionaban a misa, a adxudicatura desta capela fora cambiada adicándoa a virxen do Rocío. Intentei informarme entre alguns organizadores, xa que descoñezo o impacto cultural deste cambio nin as circunstancias nas que se levou a cabo esta decisión. Os organizadores cos que falei ignoraban a adxudicatura orixinal da capela, o que me xerou mais dúbidas, pero no inventario da Archidiócese de Compostela consta como capela da Natividade.
Moitas grazas polas molestias
Xosé Troiano says:
Abr 25, 2019
No pxom de Oza dos Ríos, na ficha número 12, está como “Capilla de Nuestra Señora de la Trinidad”. O plan é do 29 do 10 do 2001. Pode ser que no seu día o facer este plan se equivocaran, cousa rara pero pode ser.