Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Salto (Santa María)
Lugar: Señoráns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A construción desta casa fidalga que perdeu a torre que lle dá nome pode remontarse a antes do século XVI. Unha das referencias documentais máis antigas atopámola en 1609 nun documento de arrendamento de terras en Cabrexo a Inés Rodríguez, viúva de Juan de Gándara, por parte de Antonio Freire de Andrade. Este tipo de documentos serán das poucas referencias históricas da casa que constantemente aparece en partillas do século XVIII e XIX como “Casa y Torre de Señoráns”. Ao parecer para pagar rendas ao marqués de Castelar neste edificio brasonado.
Ben se diferencian as distintas construcións polo tipo de pedra, a máis antiga de cantería e outra de cachotería. Na primitiva consérvanse aínda as escaleiras de pedra. Segundo Xosé Ameixeiras coa parte alta da torre construíuse o cabazo e a eira. A pista dunha reconstrución atopámola na inscrición “Se redifico en el año de 1836”. Máis obras a afectaron, xa nos anos 50.
Consérvanse dous escudos. O máis importante (s.XVI) non está na súa posición orixinal, o do lado esquerdo. Segundo García-González Ledo, o brasón debía estar á altura do piso superior do inmoble. Nos seus cuarteis quedan reflectidas as familias dos Bermúdez (“xadrez”), aos Rioboo ou Pardiñas (torre), os Varela (barras) e outros simbolos como un león, unha áncora e outro sen identificar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ameixeiras Lavandeira, Xosé: “Salto: Feitos, lendas e outras curiosidades”, Asoc. Neira Marcos (2005)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1538138038
Lonxitude: -9.00338709354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84