
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Regueira (Santa María)
Lugar: Igrexario de Regueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa de planta rectangular cunha soa nave e presbiterio cuadrangular, máis estreita ca nave, e unha sancristía apegada ó muro sur. O espazo interior está delimitado por un gran arco de pedra. Os muros son de carga e a cuberta faise a dúas augas, cunha cubrición de tella curva do país. Cara ó exterior diferéncianse tres niveis de cuberta que se corresponden co corpo da nave, da cabeceira e da sancristía. A igrexa está construída con cachotería e cantería, quedando á vista na fachada principal e na porta do lateral norte. Unha porta con tímpano raso sobre dous canzoriños de proa.
A fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada e moldurada que sobresae lixeiramente do plano da fachada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular moldurada e que tamén, como a porta sobresae lixeiramente sobre o plano da fachada. Remata o conxunto unha espadana de tres corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven para aloxar-las campás. O segundo un arco de medio punto que descansa sobre piares flanqueado por dous pináculos con bóla e o terceiro, un frontón triangular flanqueado por outros dous pináculos e rematado por un pináculo moldurado cunha cruz de forxa enriba.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Vol. XVI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA004.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1886003498Lonxitude: -8.17373156548
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84






