
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: San Miguel de Tabagón (San Miguel)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave feita a base e cadeirado granítico labrado. O teitume é a dúas augas con pináculos de bola nos vértices das cornixas. Posúe contrafortes nas fachadas laterais.
A fachada principal, de estilo neoclásico e simétrica, móstrase entre dúas pilastras extremas. Nela podemos ver a porta de acceso acodada nos extremos superiores e flanqueada por dúas bufardas verticais, un tímpano triangular sobre a porta que recolle unha fornela de arco de medio punto cunha imaxe pétrea de San Miguel.
O conxunto remata nunha torre de planta cadrada e acaroada ó edificio rodeada por dúas balaustradas voadas ao longo do seu perímetro. Posúe catro ocos con arcos de medio punto. A torre remata cunha cúpula de pedra apuntada.
No interior destacan os seus arcos de medio punto en pedra.
Esta igrexa, datada no século XVI, sufriu moitas reformas. A máis importante na súa configuración é a do ano 1740 na que se lle fixo a fachada oeste e a torre tal como hoxe as conservamos. Esta obra foi realizada por Santiago de Pazos.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Pódense ver diferentes imaxes como a de Xoán Bautista, a de San Miguel loitando co dragón, Santo Amaro, Santo Antón ou San Brais; e retablos como a da Virxe de Fátima e a da Virxe do Carme. Ademais, existe un retablo de San Xoán e Santa Lucía do ano 1714. Por último, destacar unha Cruz parroquial do século XVIII, en prata sobredourada.
A campá mediana e maior foron fundidas no 2000,por Campanas Rivera en Montehermoso, Cáceres. A mediana (II) foi fundida en 1925 por José Cabrillo en Salamanca. Por último, a campá maior fundida en 1941 polos Ocampo en Arcos da Condesa.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha A_035 – Páxina 58)
https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/EKobYfe6KrDaEj7?dir=undefined&path=%2F&openfile=76101789 (ficha 84_005 // páxina 6)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/san%20miguel%20de%20tabagon.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9179139593Lonxitude: -8.81419748068
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




