
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vigo
Parroquia: Sárdoma (San Pedro)
Lugar: Baixada a San Roque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación de finais do século XVII feito a base de perpiaño granítico e paredes encaladas, agás os recercamentos de ventás, brasóns, esquinais e elementos de remate de granito visto. O pazo, de dous andares e cunha superficie total de 640 m2, posúe teitume ameado a dúas e tres augas.
Orixinariamente a familia deste pazo, os Villar de Fuente, aparecían vinculados á parroquia viguesa de Sárdoma.
A construción foi habilitada pola familia Méndez de Sotomayor. A última persoa que viviu nel foi o Comandante da Mariña de Vigo Francisco Xavier Quiroga. Desde o ano 1925 pertence a un banco.
O pazo de San Roque, recentemente restaurado, atópase dentro dun parque urbano aberto ao público. Forma conxunto cun pombal e coa Capela de San Roque (http://patrimoniogalego.net/index.php/71505/2015/04/capela-do-pazo-de-san-roque/)
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: EquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIGO/documents/26620ca019.PDF (Ficha A_177 – Páxina 8)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=6779&ctre=36
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/VIGO/parquesanroque.html
http://www.afundacion.org/es/centro/pazo_de_san_roque
http://www.barriodelcalvario.es/historias/92-pazo-de-san-roque.html
http://quehacerenvigo.es/historia-del-pazo-de-san-roque/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2260168121Lonxitude: -8.71243983507
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84