Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Camariñas
Parroquia: Ponte do Porto, A (San Pedro)
Lugar: Lexas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:
A Mámoa da Cruz da Carballa 2 sitúase a escasos metros da estrada entre os lugares da Ponte do Porto e Lexas, á dereita, dirección Camariñas. A súa conservación é mala debido á forte vexetación e a multitude de piñeiros que crecen no enclave. Hoxe en día non é doado vela con claridade, pero semella ser un túmulo con forma ovalada de entre oito e dez metros de diámetro e un de alto, aproximadamente. Sitúase a uns 62 metros de altura sobre o nivel do mar. É moi difícil precisar as súas medidas exactas, e tampouco se pode ollar moi ben sea mámoa foi violada, aínda que parece que non. Haberá que esperar a que algún día haxa unha boa limpeza para definila mellor. Ten unha cruz chantada de cantería coñecida como a “Cruz da Carballa” e que lle dá o nome tanto a esta mámoa como a outra, a nº 1, que está ao seu carón.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15016004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
-http://www.camarinas.net/pxom/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_IV/M_Catalogo.pdf (p. 130)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Debido a multitude de piñeiros, carballos novos e incluso algún eucalipto fai que o perigo nestes momentos sexa moi alto.
Onde está localizado
Latitude: 43.14154781655721Lonxitude: -9.106121063232421
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84