Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Moaña
Parroquia: Domaio (San Pedro)
Lugar: Domaio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa parroquial de San Pedro de Domaio está situada xunto ao mar, na enseada de Mouro, moi perto do estreito de Rande, e é un edificio de estilo barroco serodio, erguido no século XVIII.

Ten branta rectangular, cunha soa nave, e presbiterio cadrado, con cuberta a catro augas a maior altura que a nave. As súas liñas exteriores son moi sobrias. A fachada carece de decoración: unha porta simple, cuberta de arco alintelado, un óculo sobre ela, e algunhas molduras xeométricas, típicas do barroco “de placas”. O máis destacable é a torre campanario, de grandes dimensións, instalada sobre o frontis. Consta de dous corpos superpostos: o primeiro, de pranta cadrada, con arcos de medio punto abertos nas catro caras, flanqueados por pilastras adosadas, e rodeado completamente por un monumental balcón abalaustrado. O segundo corpo, máis pequeno, é un macizo cilíndrico coroado con cupuliña. Complementan a decoración piramidóns rematados en bola nos extremos da fachada e no alto das catro esquinas da torre.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior consérvanse dous retábulos barrocos, do século XVIII, un deles datado en 1786.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Uns galpóns, erguidos xusto a carón, sen ningún tipo de consideración estética, restan ao entorno boa parte da súa primitiva harmonía.


Onde está localizado

Latitude: 42.29092535312427
Lonxitude: -8.677831292152405
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84