Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Sober / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Doade (San Martiño)
Lugar: Doade (O Castelo)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

O Castelo é un curuto rochoso a 624 m sobre o nivel do mar, cunha fortísima pendente sobre o río Sil.
A Pena do Castelo é un dos castros catalogados en Sober. Conta con foxo defensivo e nel atopáronse restos de época romana.
Nas inmediacións atopábase unha capela a San Amaro, sen que se determinase o lugar desta. En 2004, rematou a construción, ex novo, no propio castro, da capela actual a San Mauro.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: ForestalEquipamento
Código no Catálogo da Xunta: GA27059026
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

No lugar situábanse lendas de mouros, que “van beber á Fonte de San Xermunde”, perto do Castelo. “Fonte de San Xermunde, fonte de ouro”, din as lendas, como tamén recolle Arias Sanjurjo en 1914.

O propio Castelo está inzado de lendas: alí había un “pucheiro de ouro” e “vivían os mouros”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ARIAS SANJURJO, JOAQUÍN, 1914: “Una excursión a la Ribera Sagrada”. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, Tomo V, nº 97, Julio-Agosto.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4125244537
Lonxitude: -7.46780633927
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84