Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Avión / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Abelenda (Santa Mariña)
Lugar: Rodeiro - Serra do Suído
Outra denominación do ben: Chozo da Fenteira
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Chozo de San Vicente forma parte dun conxunto de edificacións destinadas ao refuxio de pastores e gandería nas zonas altas da Serra do Suído, reconstruídas e recuperadas polo Obradoiro de Emprego «Os chozos». Consta dun chozo de planta rectangular con muros de cachotería de granito sen argamasas. O teitume é a dúas augas sobre arcos de medio punto, reforzados por pesados contrafortes exteriores entre os cales se atopa a porta de entrada. O teitume está feito con grandes laxas de granito cuberta con terróns con herba destinadas a obter illamento. Esta construción vai acompañada dun cortello ou parideira destinadas a cría do gando. De pouca altura está construída cun gran penedo de granito por cuberta, sustentada sobre un muro de lousas. Un pouco máis abaixo na ladeira hai un curro, unha superficie pechada por laxas chantadas no chan, destinadas a garda do gando pola noite. Este conta cunhas dimensións aproximadas de 350 m².


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
BALLESTEROS ARIAS, Paula: “A Paisaxe Gandeira na Serra do Suído. A Construcción Social do Espazo a Través da Memoria”. Revista Anual Museo de Pontevedra, 2008. Tomo LXII, pp. 109-143.

BALLESTEROS ARIAS, Paula: “Arquitectura tradicional gandeira na terra do Suído” Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago, 2004. Tomo LI, fascículo 117, pp. 9-48. Dispoñible en:
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/103/104

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AVION/documents/26214ca005.pdf (p. 7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3464888341
Lonxitude: -8.31695348024
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84