
Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Avión / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Abelenda (Santa Mariña)
Lugar: Rodeiro - Serra do Suído
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O Chozo de Mangüeiro, de planta rectangular, está construída mediante bloques e lousas de granito sen utilización de argamasas, posuíndo dous contrafortes no exterior. Non conserva a teitume que no seu día era dobre vertente sobre arcos de medio punto, recuberta con lousas de granito con terróns con herba enriba. Na fronte no que sería a parede testeira, baixo o pinche, esta porta alintelada acompañada dun sentadoiro a súa dereita. Os cortellos posúen a mesma estrutura e descrición que o chozo, non sendo por que non teñen arcos de medio punto e que apenas alza metro e medio do chairo.
Trátase dun conxunto de construción destinadas ao pastoreo do gando e acubillo dos pastores, situadas no nacemento do regueiro Grande. O regueiro divide este espazo en dúas metades, unha onde se sitúa o chozo cun cortello para as crías do gando, e o outro onde hai unha ringleira de nove cortellos cun curro. Este conxunto esta formado por un curro de 200 m², unha superficie pechada con laxas de pedra, onde se gardaba o gando pola noite, nove cortellos destinados as crías do gando e un chozo para o acubillo dos pastores.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AVION/documents/26214ca005.pdf (p. 3)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O teitume do chozo derrubouse recentemente.
Onde está localizado
Latitude: 42.373459271Lonxitude: -8.31388503313
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84