Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Outes
Parroquia: Cando (San Tirso)
Lugar: Insua
Outra denominación do ben: Castelo de Xallas
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Os restos da fortaleza, situada no alto da aldea de Insua, dominan toda a desembocadura do Tambre xunto co Castelo de Nimo, enfrontados ámbolos dous nas penedías dos altos do canón do Tambre. A edificación medieval é probablemente unha atalaia das moitas que estratexicamente están pola xeografía galega para control de rutas e movementos. Está practicamente desaparecida, pero como testemuñas da súa existencia podemos ver a grande cantidade de cachote esparexido pola cara norte que nos fai pensar que sería dunha boas dimensións. Non se descarta que as súas pedras foran utilizadas para a construción de casas dos lugares da zona, da Capela de San Xoán do Carballoso, no veciño concello de Negreira, e pode ser que tamen nas obras de remodelación de Ponte Nafonso. Unha posible vía romana pasaría noutros tempos preto desa capela, pola aldea de Fornos e chegaría a Brandomil, segundo a noticia dun achado en xaneiro do 2010 na costa da Brea ou A Calzada, entre o lugar e a ermida.
Algúns autores queren identificar este castelo co citado no pleito Tabera Fonseca co nome da Fortaleza ou castelo de “Xallas”. Este pleito era de reclamación sobre os danos producidos polos irmandiños nas fortalezas da mitra compostelana na etapa de Alonso de Fonseca II e Fonseca III, por parte do arcebispo entrante no ano 1525 Juan Pardo de Tabera. Reclamáballe a Fonseca III os cartos necesario para poder arranxalos xa que non o fixera ao seu debido tempo, durante o seu mandato, ao igual que outros señores feudais.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA002.pdf
pax. 5 do pdf
Patrimonio Histórico Artístico de Outes. Vol.I, Xoán Mariño
ISBN-84-8408-003-X,1998
Rodríguez González Angel.Las fortalezas de la mitra compostelana y los Irmandiños-Pleito Tabera fonseca. 1984. Fundación Barrié de la Maza.(pax 246 onde fala do folio 480 que cita “la fortaleza del coto de Xallas”)
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/12/19/republicas-de-homes-libres-o-castelo-de-insua/
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/08/0003_8213587.htm?idioma=galego
http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago?idMenu=323&idEdicion=1611&idNoticia=545636


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ten unha caseta da Forestal chantada no que sería o cume do Castelo


Onde está localizado

Latitude: 42.8506577261
Lonxitude: -8.84660124779
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84