
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ponte Caldelas / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Eulalia)
Lugar: Ponte Caldelas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Trátase dunhas ruínas situadas no cumio dun monte a 487 metros de altura con amplas vistas das terras de arredor. Consta dunha croa superior en forma de óvalo irregular duns 40 m de lonxitude no eixe este-oeste e 20 m no norte-sur, delimitada pola beira norte por una muralla de grandes bloques de cantería, ben encaixados entre si. No extremo este pódese ver tamén un anaco do muro de cantería e preto doutro muro, pero esta vez en cachotería que describe unha curva cerrada. Máis ao este hai moitas rochas e pódense ver moitas gravuras de cuñas para partir e extraer a rocha. Continuando pola beira sur hai un gran desnivel rochoso pero non se ven muros. Volvendo a beira norte vemos un desnivel máis suave sobre un aterrazamento que rodea a croa superior, duns escasos 10 m de ancho. En toda esta sección, apréciase un gran nivel de derrube de cachotería de mediano e gran tamaño, así como algún perpiaño illado. Exteriormente a este aterrazamento volve haber unha forte caída cara ó norte, duns 12 m de altura, e ó pé deste hai un foxo duns 5 m de ancho e escasa fondura.
A superficie do recinto da croa é irregular con abundante cachotería a nivel superficial e inda atopamos un perpiaño illado ben labrado aflorando do chairo. No extremo oeste, vemos unha esquina dun muro de perpiaño ben encaixado cunha orientación noroeste-noreste.
Dende este punto destaca claramente do monte onde se atopa o castro de Peneda.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
As ruínas relaciónanse co lugar do Campo das Torres que aparecen nalgúns documentos. Nun documento de finais do século XIX, mencionase que abandonou a súa casa no ‘Campo de las Torres’ no que existían algúns cimentos dun castelo e caserío. Nun documento anterior de 1557, cítase a dona Catalina Alonso de Pazos que era dona dunha torre cuxos cimentos inda se conservan nun sitio chamado Campo das Torres, preto do templo parroquial de Ponte Caldelas.
Neste sitio atopouse unha peza de bronce que pendeu da armadura dun cabalo, datado entre os séculos XIII e XIV.
Referencias bibliográficas:
Alberte Reboreda. “O Castelo Grande de Ponte Caldelas”. Faro de Vigo, 28 de agosto de 2016. Dispoñible en liña [Consultado o 1-11-2017] en:
https://www.academia.edu/28118897/O_Castelo_Grande_de_Ponte_Caldelas
Planeamento urbanístico do Concello de Pontecaldelas. BOP 1993-04-06. Páx. 0078. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECALDELAS/documents/0869ME003.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4007645507Lonxitude: -8.50305318832
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
elixiovieites says:
Nov 3, 2017
Acceso á páxina do PXOM de Ponte Caldelas do ano 1992. O Castelo Grande aparece na páxina 37 do PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECALDELAS/documents/0869ME003.PDF
Artigo citado no bibliografía
Alberte Reboreda. “O Castelo Grande de Ponte Caldelas”. Faro de Vigo, 28 de agosto de 2016. Dispoñible en liña en:
https://www.academia.edu/28118897/O_Castelo_Grande_de_Ponte_Caldelas
Oscar Franco says:
Feb 20, 2019
Unha veciña do lugar atopa un colgante medieval nun paseo polo Castelo Grande. A nova é do 18 de febreiro de 2019:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontecaldelas/2019/02/18/colgante-medieval-saco-luz-incendios-ponte-caldelas/00031550488077386207713.htm
Oscar Franco says:
Mai 8, 2019
Nova na prensa dixital do 14 de abril de 2019 sobre o colgante atopado recentemente:
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/ponte-caldelas-cuna-50-pinjantes-gallegos/201904141406461030978.html
manuel fernandez says:
Xan 19, 2020
Hoxe 19 de xaneiro de 2010 atopei grabadas nunha pedra grande no oeste do castelo, tres cruces latinas a modo de calvario, de aproximadamente 20 cms de alto por 15 cms de ancho cada unha. Marqueinas con terra negra para que se aprecien mellor
manuel fernandez says:
Xan 19, 2020
quixen decir 19 de xaneiro de 2020