
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Cerdedo
Parroquia: Parada (San Pedro)
Lugar: Parada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Muíño na beira esquerda do río Lérez a uns 10 metros da Ponte de Parada. Ten planta rectangular con muros de cachotería de xisto. Portas costeiras paralelas ao río, estando a boca do inferno nunha e pola outra banda a canle de abastecemento e a porta de entrada. A cuberta é a dúas augas, sendo unha beira máis curta que a outra, de carpintería de madeira e tella artesán.
No interior, temos unha moa de muíño enxertada nunha esquina a modo de lareira. O tremiñado está acotado por un muro de xisto.
Conserva a moega inda que está a apodrecer.
A ceña desvía a auga cada a canle, flanqueada por laxes de xisto, do regueiro da Freixeira a uns 20 metros.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5554354605Lonxitude: -8.35488796234
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84