Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Montederramo
Parroquia: Covas (San Xoán)
Lugar: Cadaval
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

O miliario estaba documentado como anepígrafo, reaproveitado como xamba na portada dunha palleira propiedade de D. Antonio Vázquez Crespo, descrito como un poste irregularmente cilindrado de granito de gran fino, rebaixado nunha das súas caras para ser adaptado á nova función (Alvarado Blanco et alii, 2000, e Rodríguez Colmenero et alii, 2004), mesmo crendo que se non fose porque estaba formado por un único tambor podería confundirse cunha columna de apoio. O día 3 de abril de 2015, a documentalista Pilar Carpente máis eu acegámonos ata Cadaval para velo, comprobando que xa non formaba parte da porta citada. Por sorte, cando xa desistiramos de atopalo, chegou ao lugar o que resultou ser o propietario máis a súa muller (únicos habitantes da aldea na actualidade) quen nos informou que hai algúns anos, ao ampliar a porta de entrada da palleira, sacou o miliario depositándoo cun guindastre no patio, deitado nunha beira do mesmo, e “coas letras cara abaixo”, afirmación que revela que a información que tiñamos ata o momento non era exacta e que non se trata, entón, dun miliario anepígrafo. A nova información xa foi comunicada ao Servizo do Patrimonio Cultural en Ourense para que se achegue ao lugar e comprobe que pon o epígrafe.

(Na foto en branco e negro vese onde estaba o miliario antes de ser levado para o lugar actual).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

A. Rodríguez Colmenero, et alii (2004): Miliarios e outras inscricións viarias romanas do Noroeste Peninsular (conventos bracarense, lucense e asturicense).

Romanización de Galiza: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-ii.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2913515426
Lonxitude: -7.5377368927
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84