
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Friol
Parroquia: Serén (Santa Cruz)
Lugar: A Ferreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Na parte visible ten unha altura de algo máis de tres metros; din que a parte soterrada anda arredor dos dous metros. Na base da cara principal, onde se ve unha pía duns 40 centímetros de diámetro, mide arredor de 1,35 metros, e o lado máis ancho uns 0,70 metros. Vese claramente que o fito perdeu gran parte da cara posterior (quizais pretenderon rachalo nalgún momento). Na parte superior chama a atención unha fendedura en forma de U aberta, cos bordos totalmente lisos. Hai quen di que se trata do esteo dun enterramento megalítico, mais nas inmediacións non hai constancia da existencia de ningún, e os donos contáronnos que o fito sempre estivo ergueito. Na parte superior esquerda ten gravada unha pequena aspa. A fendedura ten unha orientación leste-oeste. Consultados algúns especialistas, cren que a orientación indica o posicionamento do sol durante os equinoccios.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Non moi lonxe atoparon unha pedra, exenta, con varias coviñas que os donos levaron para o xardín da súa casa; ao parecer, nun momento non precisado, o afloramento rochoso onde localizaron as coviñas fora utilizado como canteira. Hai anos, unha persoa interesouse por unha gran pena granítica que tiña gravada unha especie de calivera; os propietarios accederon a que a levara, utilizando para levantala un guindastre e para o seu transporte unha pa escavadora, o que nos pode dar unha idea das dimensións da pedra; lamentablemente non sabemos onde se atopa na actualidade.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Círculos e pedrafitas de Galicia: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0173657141Lonxitude: -7.73540496826
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84