
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Zas
Parroquia: Lamas (Santa María)
Lugar: Lamas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Esta anta atópase inserida nunha mámoa circular que mide arredor de 15 metros de diámetro. A estrutura está moi alterada e en moi malas condicións. Así, nove dos once esteos foron desprazados nos anos cincuenta por un veciño que aproveitou as pedras para a cimentación da súa vivenda. Parece que a cámara é de tipo poligonal tendente ao círculo e que o corredor de acceso mira cara ao leste. Conserva dous esteos na cuberta. O que fora a pedra cobertora concrétase nun bloque granítico rectangular que queda apoiado nun dos esteos da cámara, mide un metro e oitenta centímetros de alto por un metro e trinta de ancho. Esta anta formará parte do parque do megalitismo da Costa da Morte e así a ver se se recupera do seu deplorable estado.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-Boga Moscoso, R.: “Dolmenes de Galicia”, Bahía edicións, xullo 1997.
-Xosé María Lema Suárez (1999): Arquitectura megalítica na Costa da Morte. Santiago de Compostela: Asociación Neria.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.14658131776614Lonxitude: -8.946953415870666
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Xandlinathry says:
Out 9, 2011
Estiven fai unhas semanas pola zoa e non a din atopado. Pensei que se salía dende a área recreativa pero non habia unha triste indicación. E despois seguindo as indicacións do libro dólmenes de Galicia tamén acabei perdido entre os toxos. Oxalá que cando fagan o parque recuperen un pouco todos os da zoa, porque algúns da pena velos
Manuel Rial says:
Out 10, 2011
E tanto que si! A min pasoume exactamente o mesmo. Intentei acceder dende a área recreativa. Pero entre beiras dereitas e esquerdas do río, nada. Perdinme. Seica hai que acceder mellor dende a estrada principal, a de Baio-Zas. Iso si, o dos toxos non nolos quita ninguén!
Oscar Franco says:
Xuñ 4, 2019
A asociación de vecños Tabeirón de Baio denuncian o mal estado deste monumento megalítico. Así o recolle a prensa dixital do 3 de xuño de 2019:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/zas/2019/06/03/tabeiron-denuncia-deplorable-estado-dolmen-pedra-vixia/0003_201906C3C3992.htm