Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Pombeiro (San Vicente)
Lugar: Ribas de Sil
Outra denominación do ben: Capela de Ribas de Sil
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequena capela feita a base de cachotería irregular, con planta rectangular. Posuía teitume a dúas augas e, seguramente, contaba con pórtico no frontis. na fachada aínda se pode ver a porta de aceso e dúas pequenas fiestras aos laterais.
O seu interior contiña un pequeno retablo e varias imaxes. Unha delas, a de San Agustín, se atopa na casa dun veciño do lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
https://fervatasil.wordpress.com/arquitectura/las-ermitas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Na actualidade atópase en estado ruinoso. O culto desapareceu nos anos 80, cando os poucos veciños do lugar pasaron a escoitar misa na igrexa próxima de San Vicente de Pombeiro.


Onde está localizado

Latitude: 42.4472678346
Lonxitude: -7.70635128021
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84