Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Cespón
Lugar: Mosquete
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Camiño pedestre que parte da famosa calzada de Vitres en dirección ao val mineiro de Outeiro dos Corvos. As particularidades deste camiño pedestre é que foi construído para vencer o difícil acceso ao val do río Lérez a través de dúas técnicas: canteiría para esgazar aquelas laxes que interrumpían o a ascenso, que son desprazadas da outra beira do camiño para protexer da forte pendente (ver foto 2) e alomenos catro grupos de escalóns que axudan a subir outras laxes e evitar esvaróns no inverno (tres grupos de escalóns atópanse nos primeiros trescentos metro de camiño, e sumámoslle un cuarto grupo de escalón xa no val mineiro de Outeiro dos Corvos). Estes escalóns de pedra son unha rareza nos camiños históricos do Barbanza e xustifican a inclusión deste camiño no catálogo de patrimoniogalego.net. No mapa de abaixo indícase o punto desde o que sae na calzada de Vitres.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición conta que no Tempo da Fame os pobres das aldeas de abaixo da serra, e mesmo das vilas como Pobra do Caramiñal, subían a Vitres a coller o Ouro dos Mouros nunha mina. No interior do val do Outeiro dos Corvos hai numerosas evidencias de actividade mineira e é moi posible que este fora o camiño que seguiran os mineiros para iren traballar aló.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GAGO MARIÑO, Manuel (2011) “Tras o ouro dos mouros”, Capítulo Cero. [URL: http://www.manuelgago.org/blog/?s=%22tras+o+ouro+dos+mouros%22]


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6646121473
Lonxitude: -8.92441213131
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84