
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Deade (San Vicente)
Lugar: Tanquián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A casa de Tanquián é unha edificación do século XVI feita en cantería granítica con tellado a tres augas. Posúe planta en forma de L na que destaca unha torre engadida no século XVIII segundo reza unha inscrición que aparece nunha das súas fiestras: “SE HIZO ANO DE 1777”. Neste mesmo século XVIII, a década dos setenta, a casa sufre varias reformas.
Na fachada destaca a porta principal de aceso cun escudo da liñaxe dos Quiroga. Tamén destacan varios escudos das familias dos Somoza e dos Lope de Cangas ou Lope de Lemos.
Por último podemos ver, sobre o lintel dunha porta, unha pedra decorada con círculos concéntricos e unha flor de lis.
Fai anos, e segundo o catastro de Ensenada, a casa de Tanquián foi propiedade de Benito Somoza e de diferentes nobres como Diego Sánchez de Tanquián, Pedro Sánchez Somoza, Gonzalo de Somoza…
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/03/16/tanquian-casebio-tierras-hidalgas-panton/0003_201403M16C5991.htm
http://www.elcorreogallego.es/tema-del-dia/ecg/busca-vida-permacultural/idEdicion-2007-12-09/idNoticia-241487/
http://tanquian.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4913360075Lonxitude: -7.62582868338
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84