Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Boborás / Carballiño (comarca)
Parroquia: Astureses (San Xulián)
Lugar: Astureses
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa románica dunha soa nave, formada por catro corpos limitados por grosos contrafortes. En cada un deles hai gravada unha cruz de brazos rectangulares, posiblemente de época moderna. No muro norte entre o primeiro e o segundo contraforte a carón da fachada, temos unha inscrición en caracteres medievais. A cuberta é de fabrica, madeira e tella curva do país. Está resolta a dúas augas e sostida, no interior, por arcos de medio punto sobre columnas acaroadas aos muros. No remate exterior dispón de espadana de dous arcos.

A ábsida é semicircular, con tres fiestras enmarcados por dobres columnas con capiteis vexetais, que sosteñen arcos de medio punto. A decoración exterior tamén inclúe canzorros con motivos vexetais e xeométricos e representacións de animais e seres fantásticos.

Na beira oeste, a fachada principal con modillóns que sosteñen a cornixa e en medio, métopas con rosetas. A porta principal de acceso ao templo con tres arquivoltas que descansan sobre columnas con capiteis de motivos xeométricos, vexetais e animais. O tímpano, bilobulado, ten inscrita una cruz patriarcal nun círculo e descansa sobre dúas mochetas.

Na fachada setentrional, a porta dispón tamén de tímpano, con dúas cruces patadas e un motivo floral, que descansa sobre dúas sinxelas mochetas lisas. Ábrese con arco de medio punto reformado sobre a base dun arco composto primitivo que lembra ao estilo mozárabe. Dúas columnas con capiteis completan o conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32013015
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
CHAMOSO LAMAS, Manuel; REGAL, Bernardo; GONZÁLEZ, Victoriano: “Rutas románicas en Galicia”. Ediciones Encuentro. Madrid, 1997. Páx. 80-86
Declarado Bien de Interés Cultural. Decreto do 29 de Marzo de 1946. (BOE do 10-04-1946).

ENLACES WEB
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Boborás. “Catálogo de Patrimonio Arquitectónico. Parroquia de San Xulián de Astureses”.Concello de Boborás, 8-07-2011. Ficha nº 61, páx. 2. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOBORAS/documents/27598ca120.pdf
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4457824283
Lonxitude: -8.11200320721
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84