
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Forcarei
Parroquia: Aciveiro (Santa María)
Lugar: Aciveiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro con plataforma de catro chanzos moldurados, estando o inferior a ras do chan. No segundo chanzo temos, no anverso, un pousadoiro formado por un taboleiro sobre dúas cepas. O baseamento é moldurado cunha inscrición na beira dereita:
ESTE CRUZE-
RO CONSTRUIU-
SE CNDO CURA PARROCO
D. ELIAS FONTE RODRIGUEZ
máis outra polo reverso:
AÑO DE
1895
O varal é de sección cadrada no seu inicio para, a un terzo da súa altura pasar a ser oitavado. Na súa altura media e polo reverso temos unha “Verónica” sobre una peaña. Capitelo composto con volutas angulares e querubíns alados na parte media.
A cruz é nudosa de paus cilíndricos. Amosa no anverso a Cristo Crucificado con San Francisco a súa beira recollendo nun cálice o sangue que manda da ferida no costado de Cristo. Baixo o Cristo, e sobre o pau da cruz, vemos unha caveira sobre dúas tibias. No anverso, vemos a Virxe na advocación das dores cun puñal cravado no seu peito. Enriba dela, e sobre os brazos da cruz, vemos dous anxos sostendo un lenzo sobre a virxe.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6178830172Lonxitude: -8.30216646194
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 22, 2015
O cruceiro foi tallado polo mestre canteiro Xosé Ferreiro, no ano 1895.
Este mesmo mestre canteiro é tamén autor dos cruceiros parroquiais de Cerdedo, Forcarei, Sabucedo e Quireza. Morreu no ano 1910, esnaquizado por un carballo.
Oscar Franco says:
Ago 27, 2021
Engado as seguintes referencias web de agosto de 2021 que fan referencia a este cruceiro:
https://www.tabeirosmontes.com/novas/xose-ferreiro-martinez-egrexio-labrante-de-quireza
https://historiadegalicia.gal/2021/08/canteiros-os-grandes-mestres-da-pedra-en-galicia/
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html