Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Chantada
Parroquia: Requeixo (Santiago)
Lugar: Monte do Faro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
A ermida da Nosa Señora do Faro atópase no Monte do Faro, a 1.155 metros de altitude, case no límite entre as provincias da Coruña e Lugo, e os concellos de Rodeiro e Chantada. Construída no ano 1632, o bispo de Lugo Felipe Peláez ordenou derruíla e entregar o recadado polas súas pedras e o que gardaba no interior ao capitán xeneral de Galicia para facer fronte aos gastos da guerra. A actual foi edificada no século XVIII, reformándose posteriormente o presbiterio no primeiro terzo do sécuolo XIX. Está conformada por muros de sillería de granito e lousa. A portada principal é alintelada, con frontón recto, piastras ornamentadas con pranchas e porta moldurada. Ten planta de cruz latina, con nave rectangular e dúas pequenas estancias acaroadas nos ángulos formados entre o presbiterio e os brazos do cruceiro. O arco triunfal é de medio punto. O presbiterio e as capelas laterais contan con bóvedas de canón e arcos torais de medio punto. A nave está cuberta tamjén por unha bóveda de canón, dividida en tres tramos con catro piastras que sosteñen senllos arcos de medio punto con impostas. O retábulo da capela maior é de estilo neoclásico, realizado por Tomás Figueroa Rodríguez.
Nas inmediacións hai un interesante cruceiro. Tamén se poden ver varios monolitos con pranchas que reproducen as cantigas do trobador do século XIII Xohán de Requeixo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
O 8 de setembro celébrase unha romaría en honra da Virxe, á que acoden un gran número de devotos e visitantes. Non moi lonse hai algunhas mámoas, unha delas foi cortada recentemente por un cortalumes. Tamén había algunha pena con gravuras de coviñas que foron esnaquizadas.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.624684Lonxitude: -7.8924856
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
alvito says:
Set 24, 2015
Grazas Xabier por esta información da ermida de Faro.
Oscar Franco says:
Ago 23, 2019
A prensa dixital do 22 de agosto de 2019 recolle a denuncia da rehabilitación da ermida:
http://xornaldelemos.gal/medio-ambiente-patrimonio/12854-a-capela-da-virxe-do-faro-novo-atentado-contra-o-patrimonio/