
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Saviñao / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Ribas de Miño
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Esta igrexa, construída no último terzo do século XII en mármore do país e en estilo románico compostelán, está considerada unha xoia do románico monacal. Está situada nun solitario bosque de árbores centenarias, á beira do río Miño.
Componse de nave rectangular con teitume de madeira e ábsida semicircular con catro columnas e tres ventaíñas e a cornixa está percorrida por unha faixa lombarda con adornos, cabezas humanas e animais. O chan está a distintos niveis.
Destaca na súa fachada principal, que mira ao río, a portadad abucinada, de catro arquivoltas de medio punto decoradas. Na menor aparecen sete figuriñas, cinco músicos, outra personaxe que sostén un disco solar e outro cun aparello de medición -un tornachuvias moi ben traballado con dazaseis arquiños-, e un magnífico rosetón que está considerado como un dos mellores de Galicia
Tamén destaca no muro sur unha porta con dúas arquivoltas de medio punto moi ben decoradas. Unha visita ó interior do templo permite contemplar un interesante arco triunfal, unha pía de auga bendita prerrománica e outra bautismal do século XII. Non debe pasar desapercibida unha imaxe da Virxe co Neno cuxa orixe se sitúa no século XVI que representa o Xuizo Final e a Anunciación. Mención aparte merecen as súas pinturas murais, nun estado de conservación bastante malo.
Monumento nacional dende 1950, é o único vestixio do mosteiro de monxas benedictinas que alí existiu ligado á igrexa e palacio de San Paio de Diomondi (http://patrimoniogalego.net/index.php/6944/2011/10/igrexa-e-palacio-de-san-paio-de-diomondi/).
Aparece mencionado en documentos da época de Alfonso VII
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa dixital do 6 de xullo de 2020 anuncia o próximo proxecto de rehabilitación deste fermoso ben.
Estas mesma obras comezaron a finais do mes de Santos de 2020.
(Ver referencias bibliográficas).
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA006.PDF (Páxina 10)
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/493823/santo-estevo-una-joya-corona-el-mino
http://jlgalovart.blogspot.com.es/2017/02/el-disco-solar-de-san-estevo-de-ribas.html (enlace que fala sobre unha das figuras do pórtico)
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2019/09/28/campanario-santo-estevo-ribas-mino-queda-campanas/0003_201909L28C6991.htm (referencia sobre o roubo dunha campá da espadana)
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=31315
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/o-savinao/2020/11/30/restauracion-iglesia-romanica-santo-estevo-ribas-mino-marcha/00031606750411584757883.htm
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/50061/xunta-licita-por-342-000-restauracion-iglesia-santo-estevo-ribas-mino-una-las?langId=es_ES
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/o-savinao/2021/02/20/nuevo-renacer-santo-estevo/0003_202102M20C12993.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6178644635Lonxitude: -7.70681262016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(2 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Out 25, 2016
A prensa escrita do 20 de outubro de 2016 fala do mal estado de conservación desta xoia:
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/612424/el-templo-de-santo-estevo-se-resquebraja