Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Eiré (San Xulián)
Lugar: A Santa Maríña - Recerendes
Outra denominación do ben: Capela de Recerendes
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela dunha soa nave, de planta rectangular construída a base de cachotería irregular, Posúe as paredes rebocadas de cal branca.
Na súa fachada podemos ver unha porta de acecso con arco de medio punto e un pequeno ocelo por riba dela. Posúe tamén dúas bufardas horizontais nos laterais da porta.
O conxunto remata nunha espadana dun só oco con arco de medio punto e remate en cruz pétrea con pináculos nos extremos.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Baixo a ermida mana unha fonte cunhas augas que, segundo conta a tradición popular, teñen poderes curativos para todo tipo de enfermidades.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
http://es.concellodepanton.es/iglesias/4547539474


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5258095476
Lonxitude: -7.65881985426
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84