Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Xoán)
Lugar: A Portela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este cruceiro, deseñado e proxectado polo pontevedrés Agustín Portela no ano 1957, nace sobre tres chanzos cadrados.
A súa base de arestas rebaixadas soporta un varal de sección octogonal no que podemos ver a imaxe de Verónica vendo ó norte sobre unha peaña.
O seu capitel posúe unha decoración de catros anxos nas súas catro caras.
O conxunto remata cun curioso Calvario. Na parte central aparece a cruz de maior tamaño, chafranada e na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso e a Virxe co Neno no colo no reverso. As cruces laterais, de menor tamaño, corresponden a do Bo Ladrón (Dimas) e do Mal Ladrón (Xestas), coas imaxes correspondentes.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha E_098 – Páxina 303)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3604801.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=19023&ctre=55&volverFicha=true (coa localización errónea)

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍNEZ TAMUXE, XÓAN. “Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal”; O Rosal, 1999.
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
CASTRO GUERREIRO, Alfredo José. (1999). OS MAIS BELOS CRUZEIROS DO BAIXO MINHO. Alto Minho e Galiza. Edição da Cervocultural.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9307912104
Lonxitude: -8.79779174924
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84