Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: Tabagón (San MIguel)
Lugar: A Ponte da Tamuxe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Ponte duns 51 metros de lonxitude construída a base de perpiaño granítico, con tres arcos rebaixados. Posúe tallamares, con planta circular contra corrente, tanto augas arriba como augas abaixo.

No centro da ponte, sobre o peitoril de augas abaixo, podemos ver unha praca de pedra rematada en cruz na que aparece unha inscrición hoxe ilexible na súa maior parte. A inscrición dicía: “Reinando Doña Ysabel II se construyó en 1845 en beneficio de los pueblos”. Esta praca marca a inauguración da súa reconstrución o domingo 14 de decembro de 1845, acto ao que asistiron o Delegado do Gobernador e Alcalde da Guarda e súa Xurisdición Don Benito Fernández Lasiote, o 1º Tenente Alcalde don Manuel Estevez e outros membros da Corporación municipal.

A primeira referencia escrita sobre a ponte da Tamuxe aparece nun pergamiño de venda de herdades ao mosteiro de Oia, do ano 1282.

Esta ponte tamén foi protagonista na sublevación militar contra a IIª República, cando os republicanos na noite do 26 para o día 27 de xullo de 1936 pensaron voar con dinamita a ponte, para atrasar a chegada das tropas, unha vez se coñece que as defensas republicanas de Tui foran rebasadas polo exército.

Anteriormente a esta ponte existíu outra que posuía tres arcos e unha torre de defensa.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición oral conta que a Ponte da Tamuxe foi construída polos romanos, e que posuía o piso de madeira.
Tamén se recolle a lenda na que eata ponte garda relación coa baixada e o embarquedos minerais que os romanos , no século IV, explotaron nas minas de ouro que existiron nas parroquias de San Xoán e San Miguel de Tabagón.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Ficha I_003 – Páxina 366)
http://galiciapuebloapueblo.blogspot.com.es/2015/01/ponte-do-tamuxe-o-rosal.html
http://xoanarcodavella.blogspot.com.es/2013/06/ponte-de-tamuxe-o-rosal.html
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/tomino/Puente%20Rio%20Tamuxe.html
http://www.galiciasuroeste.info/varios/tamuxe2.htm

https://www.farodevigo.es/faro-cultura/2024/02/15/branas-enchoupadas-98132391.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9149883918
Lonxitude: -8.82792770863
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84