
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oleiros
Parroquia: Serantes (San Xulián)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX, Século XXI,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos na que leva inscrito: “CURSO DE CANTERIA PROGRAMACION 1999-2000”.Ten un pedestal cúbico recadrado e moldurado coa figura dunha áncora na cara do anverso, un cabaliño de mar á esquerda, unha gamela á dereita e pola cara do reverso, unha cuncha de vieira. O varal é cuadrangular con chafráns e catro figuras no centro e a cada lado do varal. Ten un capitel cuadrangular co ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten follas, querubíns e vieiras. A súa cruz é rectangular con follas de acacia ó longo dos seus brazos, tanto anverso como no reverso. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara adiante lixeiramente inclinada á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe sentada coa figura dunha vieira detrás da cabeza e co neno no colo. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/26746ca512.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3822734858Lonxitude: -8.33174586296
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84