
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Santa María de Xeve (Santa María)
Lugar: Gatomorto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O Muíño da Rañadiña sitúase na beira esquerda do río Verducido. Ten canle cuberta alimentada por un longo suco que se achega desde dúas beiras. A planta é rectangular coas paredes costais paralelas ao río, sendo os muros de cachotería e cantería de granito. O teitume é a unha auga con penais de lousa por tres beiras. Non se conserva a carpintería de madeira. Posúe un tramo empedrado salvando o desnivel da pendente en fronte a porta. Pola beira interior das ombreiras da porta, aprécianse tres cruces labradas, dúas á dereita e unha á esquerda. Unha das cruces disponse sobre un círculo e as outras dúas son sinxelas. Tamén se ve outra cruz labrada na cara interior dun oco que podemos ver no tremiñado. No interior inda conserva o pé e a capa da moa.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4639595585Lonxitude: -8.60535264015
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




