
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Verducido (San Martiño)
Lugar: Bordel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O cruceiro atópase nun illote dun cruzamento cun forte desnivel, tendo unha caída de metro e medio por unha beira. Érguese sobre unha plataforma de planta cadrada da que se ven dous chanzos lixeiramente moldurados. O baseamento amosa un retablo moi erosionado do que inda se aprecian dúas ánimas no purgatorio agarradas a unha corda por enriba das súas cabezas. Enriba delas e na beira dereita, un anxo cunha espada na man. No relevo poden distinguirse catro figuras: unha é un anxo en posición horizontal na esquina superior dereita, a carón outra figura cos brazos cruzados sobre o peito, e debaixo outras dúas de tronco por enriba cos brazos en alto amarrando unha corda. O varal é oitavado e amosa dous santos en relevo. O primeiro atópase no anverso na parte media sobre unha peaña. Esta moi erosionado e non se distinguen os atributos. Parece un home con túnica e é posible que sosteña un libro na man esquerda. O outro, na parte superior do anverso, representa de forma esquemática a Virxe das Dores cos sete puñais no corazón. O capitel está composto con motivos vexetais, pequenas volutas angulares con querubíns entre elas, excepto no anverso onde pode verse unha caveira. O ábaco é de lados curvos. A cruz é oitavada cos brazos rematados en flor. Amosa a imaxe de Cristo crucificado exento no anverso, e a Virxe na advocación de Gloriosa no reverso, sobre a cabeza dun querubín alado. Esta está sendo coroada por dous anxos que se estende ao longo dos brazos da cruz.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.48276084Lonxitude: -8.61041665077
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84