
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: Freixo de Sabardes , O (San Xoán)
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben: Castro de Mosteiro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Aséntase nun outeiro con forma alargada e maior desenvolvemento na banda setentrional e que forma parte dunha ladeira que descende ata o mar dende o sistema orográfico que divide aos concellos de Outes e Muros. Está a man dereita da estrada Noia-Muros, a escasa distancia da mesma, así como da liña de costa, a unha altitude duns 30 metros. Controla a enseada do Freixo e as comunicacións costeiras que desde antigo debían percorrer todo o litoral da ría de Noia, poboada intensamente, como proban, entre outros, os castros de Brión e Coiradas en Outes e Santa Catalina en Tal, Miraflores en Muros e Ventín en Louro. A estes hai que engadir tamén o recente achado en Taramancos moi cerca do litoral. A forma ovalada dá unhas medidas, incluíndo o noiro defensivo, de 150 m. no lado maior e 110 m. no menor. As súas defensas presentan superposición de noiros na parte leste en 3 niveis. A coroa parece ter o seu propio muro defensivo. Ten un acceso pola parte norte pero debía ter outro menos empinado por poñente para facilitar a entrada de carros. Das condicións naturais de defensa pódese decir que se atopa bastante limitado. O couto no que se atopa, na parte final dunha ladeira que se prolonga ata o mesmo mar, presenta un control de espazo só desenvolvido pola banda da croa que mira a ría, mentres que polos demais sectores a proximidade do monte impide unha visibilidade ampla.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
A cultura castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota. Xerardo Agrafoxo Pérez,
Cadernos Cruceiro do Rego, Publicacións Sementeira. 1991. ISBN: 84-404-8580-8
Mariño, Xoán. Patrimonio Histórico Artístico de Outes. Vol.I,ISBN. 84-8408-003-X,1998
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA003.pdf
pax 4
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Polo oeste está moi afectado pola construción de casas e pistas, pero o resto do castro está bastante ben, e Xoán Mariño apunta no seu libro do 1998 que algúns dos seus muros semellan orixinais. Pola parte noroeste os propietarios abriron unha entrada con maquinaria pesada e o concello paralizou as obras.
Onde está localizado
Latitude: 42.7910705426Lonxitude: -8.94999504089
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




