
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Corcubión
Parroquia: Corcubión
Lugar: Corcubión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa de San Marcos de Corcubión pódese encadrar xeralmente no estilo gótico mariñeiro. A súa fachada e campanario non son da época, pois un raio destruíunos en 1885 e tiveron que ser reconstruídas ó xeito do neogótico. O rosetón e a porta románicos aínda se poden ver traspasando a nova fachada.
Na súa capela maior e nos canzorros historiados aínda se perciben restos románicos dunha igrexa fundada no século XII. Logo, o resto da construción iría erguéndonse en diferentes fases en estilo gótico no séc. XV. No s. XVIII virían as capelas do Socorro e do Carme. Coa invasión francesa o templo quedaría seriamente danado polos incendios e saqueos.
A igrexa presenta unha planta rectangular, de nave única, e unha capela maior rectangular. A nave divídese en catro zonas mediante tres arcos apuntados con arestas. Estes arcos repousan sobre semicolumnas apegadas rematadas en capiteis decorados con esquemáticas follas.
No seu interior garda un talle gótico de San Marcos, de estilo veneciano.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
corcubion.info
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.94430547121114Lonxitude: -9.191468954086304
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84