Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Brión
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Trasouteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Restos da fonte renacentista do pazo de Trasouterio que foi roubada nunha soa noite non fai moitos anos. Na ficha do pxom de Brión (26-06-2003) referente ao pazo de Trasouteiro, e coa clave de identificación B15 B12, pódese ler: Próximos ao Pazo áchanse o antiguo Rexistro de Agua do edificio ( á beira da estrada -B12-) que ben merece ser conservado, e máis unha fonte de dúas pías, e notables cualidades estéticas, de estilo renacentista –B12-.Claudio Gonzalez decía no seu libro: “A poucos metros (do rexistro de agua) queda a fermosa fonte renacentista, tal vez labrada pola mesma época en que se construíu ou mellorou a canalización” (sec. XVI). A foto secundaria mostra como era a fonte na súa totalidade. Estaba á esquerda da entrada do Pazo, no que debía ser un fermoso xardín. Tiña un espazo pavimentado de pedra rematado con un muro rectangular e pequenas pilastras definindo o entorno. Hoxe os restos pódense ver desde o muro que dá á estrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Brión, Historia Economía Cultura Arte Clodio Gonzalez Pérez
ISBN 84-89129-09-6 Ed. Toxosoutos
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA013.pdf
(pax. 19)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A fonte xa non se atopa enteira. Foi roubada na súa totalidade, menos a pía máis grande, por ser de consiredables dimensións.


Onde está localizado

Latitude: 42.8719541023
Lonxitude: -8.69197189808
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84