
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño, Industria,
Concello: Cerdedo / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Cerdedo (San Xoán)
Lugar: Cavadosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Consta de dous edificios en cantería de granito acaroados un a outro. Un destinado a alpendre un espazo reservado e cuberto con fiestras ao exterior. A cuberta a unha auga. Segundo edifico consta de dous espazos, un no se atopariamos a forxa e, nun nivel superior con piso de madeira, o serradoiro ao que se accede mediante unha porta dende o outro espazo no que estaría o tremiñano do muíño. A maquinaria do serradoiro estaba movida pola forza da auga. Este segundo edificio tería cuberta a dúas augas con carpintería de madeira e tella curva do país. Acaroado a el estaría un cubo monumental prismático duns seis metros de altura.
Inda se poden ver os aparellos e a maquinaria no interior inda que están moi avellentadas e oxidadas.
As instalacións quedarían abandonadas nos anos 60 coa chegada a electricidade.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
No ano 2015, o concello de Cerdedo empredeu a tarefas de limpeza do entorno co proxecto de reabilitar e restaurar o muíño. Non se sabe nada maís.
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Abandonado por moito tempo. Inda está por ver se o lugar vai ser restaurado.
Onde está localizado
Latitude: 42.4888288905Lonxitude: -8.40399384499
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84