
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cedeira
Parroquia: Régoa
Lugar: Santo André de Teixido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A existencia dun santuario de peregrinación neste remoto lugar da serra da Capelada xa vén documentada dende o século XII. Pero a construción da igrexa comezou no século XVI e continuou no séculos XVII e XVIII. Da anterior só queda a porta do muro norte e unhas pinturas murais atopadas no 1970 que representan o martirio de Santo André.
A igrexa pódese encadrar no estilo gótico con abundantes elementos barrocos, como a torre do campanario, que data do século XVIII, de base cadrada e formada por tres corpos decrecentes e cúpula.
No interior gárdase unha imaxe relicario de estilo barroco italiano, cun suposto fragmento de óso de Santo André.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Hai tantas e tantas lendas e é tan grande a tradición oral sobre Santo André de Teixido, que soamente me referirei á lenda de como naceu o santuario e comezarei cunha frase:
“Santo André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo.”
Unha das moitas lendas conta que Santo André chegou nunha barca de pedra (ó xeito da Virxe de Muxía) a este apartado recuncho da costa. Ademais, tamén se di que o apóstolo André era un envexoso, pois vía que milleiros de persoas ían ver a tumba do seu compañeiro Santiago e ninguén se acercaba ata Teixido. Por iso, Deus consolouno dicíndolle que a súa romaría ía ser a máis visitada, xa que todos habían de pasar por alí, vivos ou mortos. “Queda aí Santo André, que quen non veña de vivo unha vez, virá de morto tres.”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PEMÓN BOUZAS e XOSÉ A. DOMELO Mitos, ritos e lendas de Galicia
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.709020519958045Lonxitude: -7.983884811401367
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Pancho - Lapatianco says:
Out 14, 2011
Un libro fundamental para o coñecemento do santuario:
“El Santuario de San Andres de Teixido” de Rafael Usero González, editado pola Fundación Villabrille, en 1992. ISBN: 8460439658, 9788460439653.
Un dos elementos máis salientables do edificio, do que se fala na ficha, é a porta norte tardogótica (aberta no muro esquerdo conforme se mira cara o retábulo maior). Case pasa desapercibida dende dentro do templo, pero vese ben a súa beleza dende a calexa de fora. Nese mesmo muro (no interior) atópase ben visible un sillar ca cruz de San Xoan de Xerusalén, pois foron os Templarios os encargados da custodia do templo nas súas orixes.
As mencionadas pinturas murais na cabeceira-absida, tras o retábulo maior posiblemente son do s.XVI ou mesmo anteriores. Non son accesibles para o público, pois é moi dificil chegar a elas ó estaren detrás dese retábulo, e mesmo se perdera a memoria delas ata hai unhas décadas, cando as “rescatou” Rafael Usero que deu a coñecer a súa existencia. Actualmente están en estudio:
http://festascedeira.lacoctelera.net/post/2010/11/11/cedeira-descubren-unos-frescos-del-siglo-xvi-ocultos-detras-del
Pancho - Lapatianco says:
Out 14, 2011
O Santuario (que non é templo parroquial) está na parroquia Régoa. Unha das teorías para este topónimo de Régoa, é que viría de Régula (pola regla do orde to Temple). Daríase o caso de que San André non sería templo parroquial (que está no lugar do Adro) pero si lle daría nome á parroquia. Pero hai máis teorías sobre este topónimo.
Manuel Rial says:
Out 15, 2011
Grazas pola información! Aquí vai un enlace con unha das pinturas
http://festascedeira.lacoctelera.net/post/2010/11/22/patrimonio-estudia-origen-los-frescos-san-andres-de