
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Melón / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Melón (Santa María)
Lugar: Melón - Rúa Calvo Sotelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo aberto, flanqueado por dúas columnas. O conxunto remata cunha cruz pétrea cos brazos potentados que descansa sobre un capitel cadrado e un pequeno varal, e dous pináculos rematados en dúas esferas a ambos lados.
A fornela é rectangular con arco de medio punto. No seu interior podemos ver un retablo de azulexo branco pintado en azul de 12 pezas. Nel aparecen representados Cristo crucificado con cartela de INRI acompañado pola dereita pola Virxe María con Neno no colo, e pola esquerda San Antón. Na parte baixa aparecen as almiñas.
Na parte inferior da fornela podemos ver o caixón para as esmolas.
Por riba do retablo aparece unha inscrición coa data da súa creación:
“AÑO 1806”.
Este peto de ánimas foi restaurado recentemente.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MELON/documents/26610ca002.PDF (Ficha nº 6 – Páxina 7)
http://turismourense.com/ver/ver_concello/2
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2588466864Lonxitude: -8.213994205
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84